Deseñando unha Educación afectivo-sexual para adolescentes
Este sitio é iniciativa do Concello de Gondomar e forma parte do Obradoiro de Innovación: “Deseñando unha educación afectivo-sexual para adolescentes” no que rapaces e rapazas de Gondomar analizan e propoñen solucións para unha educación afectivo-sexual máis accesible e relevante para a mocidade. Esperamos que che parezca de utilidade.
Deseñando con e para os adolescentes
Ao longo de toda a vida, nas súas distintas etapas está presente a experiencia afectivo-sexual.
Na adolescencia as decisións asociadas ao desenvolvemento sexual adoitan ter importantes implicacións para a saúde e a educación, así como para as relacións actuais e futuras.
Amais están os riscos que pode ocasionar a falta de formación emocional e sexual que co acceso a internet, as novas tecnoloxías, aos novos espazos de socialización para a mocidade poden derivar en conductas de ciberviolencia nas parellas adolescentes.
A metodoloxía anovadora deste obradoiro, crea un entorno de interese e colaboración por parte da mocidade, imprescindibles porque parte da premisa de ter en conta o seu punto de vista, as súas opinións, a xuventude é a protagonista.
Isto é un desafío de deseño
Imos detectar problemas e crear solucións para mellorar a educación afectivo-sexual. Estes son algúns dos temas que abordaremos:
Como a educación afectivo-sexual abarca moitísimas áreas, neste sitio darase prioridade a tres delas que consideramos especialmente necesarias.
Identidade sexo/xénero e diversidade sexual.
Como relacionarnos de forma saudable cos nosos semellantes (relacións socio-afectivas: amizade, compañeirismo, namoramento, mitos do amor romántico; habilidades sociais, intelixencia emocional, resolución de conflitos, entre outras).
Detectar e previr, nas relacións afectivo-sexuais, a ciberviolencia (cyberstalking, sexting, sextorsión, grooming, porno vinganza, pornografía,...).
Obradoiro deseñado e impartido por:
Sabela Salgueiro Couto
Traballadora social e doutoranda en Ciencias da Educación e do Comportamento pola Universidade de Vigo, na área de Saude, Sexualidade e Xénero. Mestrado en Intervención Multidisciplinar na Diversidade de Contextos Educativos. Especializada en Educación Sexual Integral e prevención de violencias sexuais con infancia, xuventude e persoas adultas maiores.
Leticia Costas Muñoz
Formadora en Innovación e Metodoloxías de Deseño Centrado no Usuario (HCD). Máster en Comunicación Científica, Médica e Medioambiental pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Fundadora de Kidcode.es, empresa adicada á formación en tecnoloxía e innovación de nenos e adultos.